Voluntariado e campamento de verán
A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán vai a colaborar coa Asociación 1807 de Chandebrito na rehabilitación do Muiño dos Matos, na parroquia de Camos. Necesítanse persoas voluntarias para realizar labores de limpeza e desescombro do muiño que permitan iniciar as obras de rehabilitación. As persoas interesadas en participar nesta actividade poden dirixirse á Oficina Municipal de Voluntariado situada na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, nº65, Panxón, Nigrán, teléfono 986 383081, correo electrónico: omixnigran@nigran.org.
A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán a través do Centro de Información ás Mulleres organiza o “Campamento de Verán 2013”, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O campamento está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2002 e 2008 e desenvolverase dende o día 25 de xuño ata o día 31 de xullo, de luns a venres. O periodo de inscrición comezará o vindeiro día 22 de maio. Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, nº65, Panxón Nigrán, ao teléfono 986 383 081, ou no correo electrónico cim@nigran.org











