Vixilancia aduaneira solicita información de varias empresas no Concello do Carballiño
Pasado o medio día de hoxe un axente de Vixilancia Aduaneira presentouse no concello do Carballiño para solicitar á secretaria municipal documentación sobre varias empresas que supostamente traballaron con esta casa do concello. Esta documentación facilitóuselle inmediatamente, inlcuso a concernente a anos anteriores, que se encontraba noutras dependencias municipais.
O alcalde saudou o axente e ofreceuse para canta información necesitara do concello que preside. Argimiro Marnotes sinalou que “non” se trataba dun rexistro do concello, simplemente solicitaron documentacion sobre varias empresas”.
Argimiro Marnotes non ofrece ningunha información sobre as empresas das que se pedía información “ao estar todos estes datos baixo o segredo sumarial, ” e non serei eu quen rompa ese segredo”.
Dende que fose a declarar o alcalde do carballiño ante a xuíz de Lugo, non se puxeran en contacto con el nin co concello, salvo para renovar o segredo de sumario durante estes meses, que se fixo isto a través dos seus avogados.