Visita infantil ao cine de Monforte

Os cativos na visita ao cine de Monforte
Os nenos e nenas de Sober fixeron onte unha visita ao cine de Monforte para ver a película de animación “Los Croods”. A visita foi o premio ao traballo que levan feito todo o ano nas actividades das ‘Merendas con contos’ da Biblioteca Municipal.
Ademais dos nenos e nenas tamén asistiron algúns dos pais, así como a Bibliotecaria.











