Visita de persoal do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Teo e de voluntarios a Calo

Escolares na visita
Nesta actividade, enmarcada no programa de actividades extraescolares propostas dende a Concellaría de Educación, os nenos e nenas do CEIP de Calo tiveron ocasión de achegarse ó traballo de Protección Civil e ás ferramentas que utilizan para actuar por exemplo en incendios.
Unha das demostracións foi como se apagaba un lume. Os cascos, guantes ou o material da motobomba foron dos elementos máis solicitados durante a visita. Esta actividade realizouse na finca municipal ó carón da escola infantil municipal de Calo. O persoal de Protección Civil xa estivo nos outros dous colexios de infantil e primaria do Concello, Os Tilos e A Ramallosa para facer a mesma demostración.
Con estas actividades preténdese que os máis pequenos/as tamén tomen conciencia dos riscos e dos perigos que pode ter o traballo realizado por Protección Civil. Na charla foméntase a importancia da prevención diantes das emerxencias.











