publicidade hoxe

Vilarmaior celebra o 19 de maio a XXVI Feira das Flores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilarmaior
A-
A+

O Concello de Vilarmaior é un pequeno municipio rural (nos supera os 1300 habitantes nun territorio de 30 Km2), moi ligado aos hábitos de vida e de traballo própios do mundo rural galego, sendo a gandeiría e agricultura a principal actividade económica desenvolvida dentro do termo municipal.

Ensalzando e promocionando os produtos, ferramentas e saberes que conforman a identidade cultural local, desenvólvese no Concello unha Feira, A Feira das Flores.

A Feira das Flores

A Feira das Flores vense celebrando sempre o terceiro Domingo do mes de maio, coincidindo neste ano 2013 o día 19. Ten lugar, como noutras ocasións na Feira do Tres, consolidándose como un importante referente turístico, cultural, social e económico do concello, consegue reunir a varios milleiros de visitantes. Sendo xa a súa XXVI edición, conta cun amplo programa de actividades que teñen como nexo de unión elementos propios da cultura rural galega, e a estreita relación desta co traballo no campo.

O Concello de Vilarmaior esta moi ligado á actividade agraria e gandeira, na Feira das Flores ensálzanse aqueles elementos sociocultuais imprescindibles para a comprensión das súas tradicións e a consolidación da súa propia identidade cultural. Exposicións de artesanía, de flores e plantas, concursos de cabalos, cans, a gastronomía e o folclore están ampliamente representados.

Plantexouse coa finalidade fundamental contribuir ao desenvolvemento do concello, revalorizando á súa identidade sociocultural, como base e ponto de arranque para a construcción sustentable dun futuro social, económico e cultural que mellore a calidade de vida no noso entorno rural.

Para acceder a toda a programación pincha aquí.

3 de maio de 2013 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.