Vilagarcía trata un xogo infantil do parque Miguel Hernández para evitar a acumulación de electricidade estática
O Servizo Municipal de Medio Ambiente puxo fin as molestias que viña xerando dende a chegada do bo tempo un dos columpios do parque Miguel Hernández pola acumulación de electricidade estática. Para evitar esta situación, bañouse toda a estrutura cun produto especial que impide a acumulación deste tipo de electricidade presente en todos os corpos e que se xera de xeito natural por quentamento e por fricción.
O departamento municipal precintou a principio de semana o xogo infantil tras recibir o aviso de algúns pais advertindo dos molestos calambres que sufrían cando tocaban a estrutura. Tras consultar coa empresa subministradora, comentouse que aínda que non é habitual, a acumulación de electricidade estática podía producirse en determinados materiais dos xogos ao quentarse por exposición ao sol máis polo quencemento que produce a propia fricción dos movem,entos e balanceos propios dos columpios. A empresa facilitou ao Concello un produto específico co que se bañou toda a estrutura e que serve para impedir a acumulación da electricidade estática.
Rematados os traballos, esta mesma mañá retirouse o precinto para que o columpio poida ser utilizado sen molestias durante a longa fin de semana.