Vila de Cruces prepárase para a XX Festa Gastronómica do Galo de Curral

Presentación da XX Festa do Galo de Curral
O vindeiro 9 de xuño Vila de Cruces acollerá a 20ª edición da Festa Gastronómica do Galo de Curral, recoñecida como festa de interese turístico galego.
A presente edición supón un tributo do municipio cruceño na memoria do coñecido cantante e fundador do grupo A Roda “Fito”, adicándolle un homenaxe póstumo nesta XX Festa Gastronómica na que tamén actuará, como é costume, o seu grupo A Roda.
O gobernomunicipal afina o orzamento da festa debido á crise económica, pero non por elo a festa perderá en atractivo, xa que un programa baseado en grupos locais e galegosfará as delicias dos que se acheguen a Vila de Cruces a degustar o preciado galo.
O preámbulo da festa gastronómica levarase a cabo o sábado 8 de xuño no Auditorio Municipal Xosé Casal, ondeunha serie de actuaciónsmusicais e de baile, xunto coa entrega dos premios de Gastronomía e Cultura prenderá a mecha do Galo 2013.
Xa o Domingo, un rico e variado programa musical e cultural encherán a xornada festiva. Comezará o día cospasarrúas dos grupos folclóricos O Arco de Merza e os Gaiteiros de Piloño, xunto coa agrupación folclórica do Pinheiro de Penafiel (Portugal), aos que seguirá a actuación da Banda de Gaitas os Coribantes. Deseguido subirá ao escenario a cantante Aixa Romay que foi finalista no programa televisivo “tú sí que vales”. Sobre a unha e cuarto do mediodía darase paso ao pregón da man do actor e humorista Manquiña, e como colofón da mañáactuará o grupo tradicional A Roda, momento central da homenaxeaoseu fundador.
Tamén como ven sendocostume, os visitantes poderán disfrutar da exhibición de coches antigos e clásicos no entorno da praza Juan Carlos I,na que participarán asociacións de automóbilesantigos e clásicos de Vigo e Lalín.
Por outro parte, a partir das doce horas os visitantes poderán disfrutar dunha degustación de galo de curral ofrecida polaAsociación de Criadores do Galo de Curral de Vila de Cruces napraza inferior á do concello.
Xapola tarde darase paso ao XX Festival de Bandas de Galicia, este ano centrado nas bandas da nosa comarca eondepoderemosescoitar á Banda Unión Musical Ponteledesma, á Banda Recreativa e Cultura de Bandeira, á Banda Municipal de Silleda e pechará a ronda de concertos a Banda Artística de Merza.











