Vila de Cruces participa nos 19 concellos bañados polo Ulla que lanzan o programa “Goza do Ulla”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVila de Cruces
A-
A+

O Concello de Antas de Ulla acolleu días atrás a presentación do programa ‘Goza do Ulla’, no que participan 19 concellos bañados polas augas do río Ulla. A iniciativa turística pretende dar a coñecer o rico e valioso patrimonio natural dos territorios á beira do Ulla, coa programación dun total de 19 roteiros de sendeirismo entre tódolos municipios dende agora e ata o mes de novembro. Estiveron en Antas de Ulla representantes da maioría dos 19 concellos: Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Santiso, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Silleda, Boqueixón, Vedra, A Estrada, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Dodro, Catoira e Rianxo, así como representantes da Deputación de Lugo.

Os alcaldes lembraron que  “dende Antas do Ulla ata Rianxo, pasando polos diferentes concellos, o Ulla amosa unha grandísima variedade de patrimonio natural, cultural e artístico”. Na súa opinión, “pasear pola súa beira enriquecerá a nosa saúde física e mental e permitirá coñecer xentes e lugares diversos”.

Aproveitaron tamén esta xuntanza para quedar para outras futuras citas co obxetivo de crear unha agrupación estable destinada a solicitar axudas ás distintas administracións autonómicas, nacionais e europeas, e para poder manter as rutas acondicionadas e sinalizadas correctamente; todo elo en aras a realizar unha campaña dirixida á sociedade en xeral para o coidado e mantemento da nosa natureza.

A primeira ruta a realizar e no Concello de Antas de Ulla, que é onde nace o río que lle dá nome a esta iniciativa.

Esta programación xurdiu fai agora dous anos, sendo o ano pasado coa integración de máis concello cando se desenvolveu con grande éxito. Non cabe dúbida de que se trata dunha boa iniciativa onde cun pouco de traballo dos distintos concellos e sen apenas custo, promóvese un gran proxecto que pon en valor o noso territorio, vinculando municipios, bisbarras e provincias por riba dos intereses localistas ou partidistas.

9 de maio de 2013 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.