publicidade hoxe

Vila de Cruces celebra o San Cidre e recibe a un grupo de baile chegado dende terras cántabras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVila de Cruces
A-
A+
Presentación da progración do San Cidre

Presentación da progración do San Cidre

O Alcalde de Vila de Cruces xunto á Concelleira de Presidencia e Benestar Social Beatriz Iglesias e un representante do Grupo de Baile Punteirolo de Vila de Cruces Julio López, presentaron o cartel da programación a realizar dentro da celebración do San Cidre 2013, que este ano realizarase entre os días 18 e 19 de maio.

Nesta edición da celebración cabe destacar a presencia dun grupo convidado chegado dende terras cántabras que pasará a fin de semana coñecendo Vila de Cruces e participando dos actos do San Cidre. Esta actuación enmárcase dentro dun intercambio entre a agrupación local cruceña e a das terras cántabras, estando previsto que o grupo de Vila de Cruces viaxe a Cantabria no vindeiro ano 2014.

O sábado pola tarde a partires das 19:30 horas actuarán a Agrupación Municipal de Música  e Baile Tradicional de Cuntis, o Grupo de Danzas San Blas Las Montañas de Cantabria e o propio Grupo de Baile Punteirolo de Vila de Cruces.

Xa o Domingo poderemos disfrutar do pasarrúas do grupo local ás 11:30 horas, seguido dunha Misa solemne e posterior procesión. Pechará a programación unha segunda actuación do Grupo de Baile Punteirolo de Vila de Cruces.

Os actos están previstos que se realicen na praza Juan Carlos I de Vila de Cruces, pero no caso de que o tempo non acompañe e chova, trasladaranse ao Auditorio Municipal de Vila de Cruces.

16 de maio de 2013 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.