VII Día Termal da Chavasqueira en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalOurense
A-
A+

20052013-21O sábado 8 de xuño, Ourense acollerá o VII Día Termal da Chavasqueira que terá como actividade central a tradicional andaina.

Os actos desenrolaranse dende as 10.00 h. da mañá, momento en que dará comezo a VII Andaina Termal da Chavasqueira e que será seguida por unha conferencia de sensibilización sobre a limpeza na cidade ás 12.30 h. Seguidamente actuarán as Cantareiras da Chavasqueira ás 14.00 h. ao que continuará a comida popular ás 14.30 h.

A partires das 15.30 h. iniciaranse as animacións infantís con hinchables e “Historias de O Carrabouxo” ás 15.45 h. En torno ás 16.00 h. baile e festa con grupo musical e ás 18.30 h. teatro.

Para rematar a xornada e agradecer a participación dos asistentes, procederase ao sorteo, ás 19.00 h., dunha televisión, unha tablet e bonos termais.

Para acceder a toda a programación pincha aquí.

20 de maio de 2013 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.