publicidade hoxe

Vías e Obras acondiciona o exterior do Centro Neural do municipio destinado ao aparcadoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+
Acondicionamento do aparcamento

Acondicionamento do aparcamento

A Concellaría de Vías e Obras, que dirixe Jesús Salgueiro, levou a cabo o acondicionamento do espazo exterior do Centro Neural do municipio, destinado a aparcadoiros. A zona, ata agora de terrizo, estaba deteriorada presentando fochas e socavóns producidas pola erosión sobre o terreo, ademais de non establecer ningún criterio para estacionar os vehículos.

Os traballos, realizados por operarios do Concello, centráronse na pavimentación e asfaltado de 300 m² de zona de rúa e na mellora do sitio destinado ao aparcadoiro, cubríndoo de xabre co propósito de evitar que se volvan formar fochas. Deste modo, ordénase toda a zona creando 60 prazas de estacionamento.

Con esta mellora, o Concello de Gondomar continúa adecuando as súas infraestruturas co obxectivo de prestar un mellor servizo a todos os usuarios.

23 de maio de 2013 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.