publicidade hoxe

VI Marcha Val de Monterrei organizada polo Concello de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVerín
A-
A+

O vindeiro domingo 26 de maio terá lugar a sexta edición da VI Marcha Val de Monterrei, organizada polo club BTT Verín e Concello de Verín.

A sexta edición da proba ciclista de BTT, con saída no complexo deportivo de A Granxa, está conformada por dúas modalidades de participación (55 e 35 quilómetros), ademais dun paseo de 25 quilómetros. A retirada de dorsais terá lugar o propio día 26 de maio, a partir das 8 horas, mentres que a saída está prevista ás 9.30 e a chegada dos últimos participantes sobre ás 13.30, seguida dun xantar conxunto.

A ruta corta e a larga son iguais ata o quilómetro 11, onde se separan (a persoa que non chegue a este punto antes de 40 minutos despois de que tome a saída, deberá ir de modo obrigatorio á ruta corta. Se transcorrido este tempo, e tras retirar o sinal de ruta larga, decide realizala, a organización non se responsabiliza do que poida acontecer); e volven a unirse a trece quilómetros da meta. Os avituallamentos da ruta corta serán nos quilómetros 14 (sólido e líquido) e 20 (líquido), e os da ruta larga nos 13 (líquido), 25 (sólido e líquido) e 38 (líquido).

Para participar será necesario inscribirse ata o 22 de maio na páxina web http://www.bttverin.com/, no apartado de “inscricións” e realizar o ingreso correspondente segundo a modalidade escollida ou ben poñerse en contacto coa organización a través do correo club@bttverin.com. Os prezos para participar na  VI Marcha Val de Monterrei: socios sen comida (gratis), socios con comida (12 euros), non socios sen comida (5 euros), non socios con comida (15 euros), paseo sen comida (gratis), paseo con comida: (12 € -para paseo e acompañantes non fai falta cubrir a páxina de inscricións, só porse en contacto coa organización-), acompañantes (12 € -para paseo e acompañantes non fai falta cubrir a páxina de inscricións, só poñerse en contacto coa organización-). O número de conta é 2100 4148 21 2200060815 (La Caixa) indicando no ingreso o nome e o D.I. do participante.

16 de maio de 2013 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.