VI Concurso de Tapas de Fene e Centenario do Ferrocarril
O Concello de Fene coa finalidade de promover e dinamizar a actividade da hostalería, por sexto ano consecutivo organiza un Concurso de Tapas, con elo se espera fomentar a especialización e a mellora da calidade das tapas así como consolidar o tapeo tradicional.
O VI CONCURSO DE TAPAS DE FENE terá lugar dende o día 3 de maio ata o 2 de xuño de 2013.
Establécense dúas modalidades: Tapa Tradicional e Tapa Creativa, entendéndose como tapa creativa a que utilice produtos, técnicas de elaboración ou presentación innovadoras.
Como NOVIDADES mais importantes con respecto ano anterior destacamos:
1º) Ampliase a 5 os fins de semana nas que se celebrará o concurso.
2º) Establecese un horario mínimo de degustación das tapas pero o local poderá ampliar o seu horario para a degustación da tapa, se o estima oportuno
3º)Máis premios para hostaleiros e participantes.
4º) Farase un acto inaugural de inicio do concurso de Tapas, será na cafetería PACHAMAMÁ(xusto enfronte á Casa do Concello) por ser o local que gañou o premio á tapa tradicional o ano pasado e que será o venres día 3 de maio as 20:00 horas nun acto con acompañamento musical ao que están invitada toda a corporación e representantes de todas as sociedades do Concello.
5º) Participarán 27 locais que é de lonxe a cifra mais alta de participantes no concurso na súa historia.
Outros detalles:
O horario mínimo no que a tapa estará obrigatoriamente a disposición do cliente será:
Venres de 20:00 a 22:00 horas
Sábados de 13:00 a 15:00 h e de 20:00 a 22:00 horas.
Domingos de 13 a 15:00 horas
Os establecementos participantes deberán ter expedida ao público a tapa coa que participan durante o horario de obrigatorio cumprimento e nas datas establecidas.
As tapas do concurso serán gratuítas.
SELECCION DAS TAPAS GAÑADORAS:
TAPA POPULAR
Este premio decidirao o público para o que se elaborará un folleto chamado FENERRUTA coa que o cliente pode percorrer tódolos establecementos participantes e ir selando aqueles que visita e nos que degusta a tapa do concurso.
Aquel cliente que deguste tódolas tapas participantes no concurso terá a posibilidade de votar pola que considere a mellor tapa, e entrar no sorteo de premios. Só será válida a FENERRUTA se está selada por tódolos establecementos participantes no concurso.
TAPA TRADICIONAL E TAPA CREATIVA
Un xurado de recoñecido prestixio que será designado pola Alcaldía degustará as tapas participantes e emitirá o seu voto por cada unha.
Os integrantes do xurado encargaranse de seleccionar as mellores tapas nas modalidades, tapa tradicional e tapa creativa.
PREMIOS:
Premios para os establecementos participantes:
A) Para tódolos locais inscritos no concurso:
Campións:
– tapa CREATIVA: trofeo e un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.
– tapa TRADICIONAL: trofeo un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.
– tapa POPULAR: trofeo e un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.
Subcampións:
– tapa CREATIVA: trofeo.
– tapa TRADICIONAL: trofeo.
– tapa POPULAR: trofeo.
B) Para os locais inscritos no concurso e que teñan á disposición dos clientes o viño patrocinador do seguinte premio.
Entre tódolos locais participantes que teñan á disposición dos clientes o viño que patrocina este premio, sortearase unha estancia para dúas persoas na bodega da Rioja “Solar Viejo”, por cortesía da propia marca riojera. (Cea, aloxamento, almorzo, comida e visita guiada á bodega. Datas a convir coa bodega)
Premios para os clientes:
– Entre todos os votantes que selen toda a FENERRUTA, sortearanse os seguintes premios:
Unha VIAXE de venres a domingo a Londres (A.D.) ou a Mallorca (P.C.) para dúas persoas. Datas a elixir, excepto en xullo, agosto e festivos. Premio por cortesía de Axencia de Viaxes Volaria Fene.
Dous CURSOS DE MANEXO DE EMBARCACIÓNS, por cortesía de Escola de Formación Náutica Aldebaran. (Tasas administrativas non incluídas). Datas a convir.
MATERIAL DEPORTIVO, por cortesía de Deportes Mas Sport.
– Todas aquelas tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entrarán no sorteo de:
10 BONOS DE 20 EUROS cada un para consumir en establecementos adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”. Premios por xentileza da Asociación de CHS de Fene “O Cruceiro”.
Unha BATIDORA DE VASO por cortesía de Electro Agro Fene.
PRODUCTOS DE PERFUMERÍA, por cortesía de Marta Ameneiro Perfumería.
Outros colaboradores: ESTRELLA GALICIA e DIPUTACIÓN DE A CORUÑA
Centenario Liña Ferrocarril Betanzos Ferrol
Dentro da celebración do aniversario da liña Betanzos Ferrol o Concello de Fene celebra unha conferencia mañá, venres, ás 20:15 no salón de plenos coa conferenciante MANUELA SANTALLA con fotos de Fene da época da chegada do tren á comarca. Será a mesma conferencia que a que tivo lugar nos actos do II Salón de Comercio de Fene que servirá para os que non puideron ir o pasado fin de semana a San Valentín e para poder apreciar algunha das fotos que non puideron apreciarse ben ese día por problemas técnicos.
Por outra banda o tren antigo de madeira que percorrerá o próximo domingo o traxecto entre Ferrol e Betanzos deterase no apeadeiro de Perlío ás 12:45 onde a Ministra de Fomento, Ana Pastor, acompañada do alcalde Gumersindo Galego e representantes do resto da corporación descubrirá unha placa conmemorativa dos cen anos do paso do ferrocarril por Fene.











