publicidade hoxe

Veiga Sabín asina os convenios coas asociacións municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+
O rexedor xunto aos representantes locais

O rexedor xunto aos representantes locais

O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabin, asinou onte ás 20,30 horas no Salón de Plenos do Concello uns convenios con representantes de 9 asociacións e entidades deportivas do municipio polos que o Concello subvencionará máis de 32.000 euros para o mantemento dos correspondentes locais sociais.

O obxectivo destes convenios de colaboración é a cesión de uso das instalacións e equipamento dos locais sociais para o establecemento dos seus domicilios sociais e para o desenvolvemento das súas actividades.

As asociacións beneficiadas por estes convenios son as asociacións veciñais das parroquias de Bañobre, Bemantes, Callobre, Garatuxa, Castro, Leiro, Perbes, Vilanova e Club Náutico de Miño.

15 de maio de 2013 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.