V edición da Liga de Fútbol 7 de Verán en Dodro
O Concello de Dodro organiza a V edición da Liga de Fútbol 7 de Verán. Como cada ano a competición será no Campo Municipal de Chenlo de lúns a venres e en horario de 21:00 a 23:00 horas. O sistema de competición determinarase en función do número de equipos inscritos. A cota de inscrición é de 70 € que se faran efectivos na conta indicada pola organización unha vez confirmada a praza. O prazo estará aberto entre o 6 e o 24 de maio e realizarase no Departamento de Deportes de Dodro. Así mesmo poderase descargar a ficha de inscrición dende www.concellodedodro.org. Para máis información e contacto: 981.802.532 / deportes@concellodedodro.org
Campamentos deportivos
Tamén está aberto o prazo de inscrición dos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña dirixido a nenos nados nos anos 2003, 2002, 2001, 2000 e 1999. A cota de de inscrición é de 85 € que se faran efectivos unha vez confirmada a praza. O Concello de Dodro ten asiganadas 3 prazas, e no caso de existir máis solicitudes realizarase un sorteo diante da secretaria. Este campamento ten lugar na Coruña entre o 7 e o 13 de xullo e nel realízanse diferentes actividades como equitación, multiaventura, kaiaks, orientación, tenis, voleipraia, baloncesto, fútbol 7, batuka, hip-hop, capoeira.. O prazo para inscribirse no concello estará aberto ata o 16 de maio.











