Ural e Victoria coróanse en Prebenxamín e Biberón, respectivamente, no III Torneo FEGEREC

Formación dos equipos participantes
A Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (A.F.A.C.) e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) organizaron onte a terceira edición do “Torneo Benéfico FEGEREC” no campo municipal de Leyma nas categorías de fútbol 8 Prebenxamín e Biberón. O presente ano 2013 foi declarado Ano Español das Enfermidades Raras, un motivo máis para reafirmar a colaboración que a AFAC mantén dende hai algúns anos coa devandita Federación.
Preto de mil persoas acudiron onte a presenciar algún dos partidos do Torneo Solidario que se disputaron ao longo de todo o día en Leyma. O máis importante na tarde onte foi colaborar e achegar un granito de area a FGEREC para que continúe co seu importante labor solidario. No meramente deportivo, o Ural en categoría Prebenxamín e a Victoria en Biberón alzáronse cos trofeos de campións tras unha xornada intensa de bo fútbol.
O concelleiro de Educación, Deportes e Cultura Francisco Mourelo, o Vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, Mariel Fernández, o presidente da AFAC Manuel Vázquez e a presidenta de FEGEREC Francisca Longo fixeron entrega dos trofeos, medallas e regalos a todos os xogadores, como broche de ouro a unha gran xornada solidaria.