publicidade hoxe

300 ciclistas percorrerán os montes de Catoira na I Ruta Vikinga BTT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraDeportesLocal
A-
A+
Presentación da  I Ruta Vikinga BTT

Presentación da I Ruta Vikinga BTT

Os afeccionados ó mundo da bicicleta de montaña teñen unha cita en Catoira o vindeiro domingo 26 de maio. Un total de 250 persoas inscribíronse xa na I Ruta Vikinga BTT, que partirá ás 9:30 horas do Pavillón Municipal de Deportes e percorrerá as entrañas dos montes de Catoira a través dunha ruta de 42 quilómetros.

O Concello de Catoira colabora coa asociación BTT Catoira Vikinbikes na organización deste evento coa achega de medios técnicos, a cesión de instalacións municipais e unha subvención de 500 euros. O concelleiro de Deportes, Ramón Bouzas, pretende así contribuír á consolidación deste evento deportivo, que xurdiu dunha experiencia realizada o ano pasado entre un grupo de amigos e afeccionados que organizaron unha ruta informal.

O mércores remata o prazo para inscribirse e completar as 300 prazas dispoñibles. A reserva de prazas realízase a través do correo electrónico vikinbikescatoira@gmail.com. As persoas interesadas deberán aboar unha cota de 5 euros, que inclúe o seguro, o día da ruta entre as 8:30 e 9:15 horas.

Ó remate da ruta haberá aperitivos para os participantes e o sorteo de material de ciclismo e unha estancia dunha noite na casa rural “Os Migueliños”. Dende a organización informan tamén que haberá dispoñible servizo de duchas e lavado de bicicletas.

20 de maio de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.