publicidade hoxe

Unha homenaxe aos panadeiros de Mos, gran novidade das Festas da Rosa 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMos
A-
A+
Panadeiros e representantes municipais tras a reunión

Panadeiros e representantes municipais de Mos

Onte pola tarde reuníronse no Concello de Mos a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e os concelleiros responsables da organización da programación das Festas da Rosa 2013, Sara Cebreiro, edil de Cultura, Kely Monzón, de Participación Cidadá, e Isidoro Táboas, de Deportes, xunto con representantes do sector da panadería e a pastelería do termo municipal, concretamente cos rexentes das panaderías O Cruceiro, A Maquía, Seijo, San Miguel, Molares, La Capilla e San Nicolás.

Durante este encontro tratouse o tema da homenaxe que, dende o Concello, se lles quere render ós panadeiros de Mos durante os actos do Día da Rosa, o xoves 13 de xuño. A rexedora local explicou o motivo desta homenaxe argumentando que “un dos oficios máis tradicionais e prolíficos históricamente neste municipio sempre foi o de panadeiro. Incluso hoxe en día son moitas as panaderías asentadas na localidade mosense, por iso dende o equipo de goberno local decidimos adicar parte dos actos do día 13 de xuño ós profesionais deste oficio que viven ou traballan en Mos, así coma ós que o fixeron en tempos pretéritos”.

A homenaxe ós panadeiros mosenses comenzará o Día da Rosa coa exposición de postos na explanada xunto ó Concello, sendo nesta ocasión o tema protagonista o tan tradicional oficio da panadería neste municipio. Varias das panaderías locais montarán o seu propio posto adornándoo cos seus productos artesáns que os visitantes interesados tamén poderán adquirir e degustar. Os beneficios das ventas dos panadeiros durante esa xornada irán destinados, por iniciativa dos propios profesionais, a axudar á Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi.

Ademais de protagonizar a exposición xunto á Praza do Concello, os panadeiros participarán tamén na Misa Solemne do Día da Rosa realizando a lectura de peticións e a ofrenda do pan e o viño. Durante os actos centrais, tras a entrega de premios do concurso de rosais, realizarase a homenaxe propiamente dita, tras a cal os protagonistas da mesma terán a oportunidade de dirixirlle unhas palabras a tódolos presentes.

Polo de agora dende o Concello se localizaron a 20 panadeiros entre os que teñen despacho hoxe en día e os que xa non están en activo ou faleceron, caso este último no que se homenaxeará ás súas familias. Destes 20, 10 están en activo e contan con panadería propia, polo que montarán un stand con productos do seu negocio na exposición do Día da Rosa. Os outros 10 son profesionais que xa non traballan e que, polo tanto, non montarán posto pero sí serán protagonistas tanto da Misa coma da homenaxe a realizar durante os actos centrais do 13 de xuño. De tódolos xeitos, esta cifra aínda non é definitiva xa que se está a investigar, parroquia por parroquia, quenes foron as familias que tiveron negocio de panadería, polo que o número de homenaxeados é moi susceptible de aumentar.

21 de maio de 2013 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.