“Una voda feliz”, finalista do premio Molière á mellor comedia, chega ao teatro Jofre de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A comedia francesa “Una boda feliz”, enmarcada no programa cultural do Concello de Ferrol, será representada o sábado 11 ás 20:30 horas no Teatro Jofre. Os actores Antonio Garrido e Agustín Jiménez subirán ao escenario baixo a dirección do dramaturgo Gabriel Olivares para interpretar esta obra teatral finalista en Francia do prestixioso Premio Molière á mellor comedia.

Roberto, un solteiro empedernido, vai herdar dunha afastada tía. Pero, para poder acceder á herdanza ela impúxolle a condición de que se case no prazo dun ano coa intención de que sente cabeza dunha vez. Como el non quere renunciar á súa vida de mullereiro, proponlle ao seu mellor amigo, Lolo, casar con el e así cubrir o expediente. Ese matrimonio de conveniencia, para o bo e para o malo, vaise converter pronto nun pesadelo.

As entradas poderanse adquirir a través de internet na páxina oficial do Concello: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no despacho do teatro municipal en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas de martes a venres; e o sábado de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:30 horas.

8 de maio de 2013 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.