publicidade hoxe

Un contrato global permitirá axilizar as actuacións de reparación e mantemento nos centros escolares de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSantiago de Compostela
A-
A+

A concelleira de Educación, María Castelao, reuniuse no Cersia cos directores dos CEIP de Santiago. Estes puidéronlle explicar as principais necesidades dos centros. María Castelao explicou que un dos obxectivos prioritarios do seu Departamento é “axilizar as actuacións de reparación e mantemento” nos centros educativos. Con tal fin, vanse recoller nun contrato global as principais necesidades nesta materia dos colexios. A previsión é que estas obras se poidan realizar á volta do verán.

8 de maio de 2013 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.