Un cento de animais exóticos habitarán o Multiusos de Mos no pistoletazo de saída da tradicional Festa da Rosa

Presentación coa presenza dalgúns dos animais que se mostrarán
A concelleira mosense de Participación Cidadá, Kely Monzón, presentou hoxe no Multiusos, xunto co biólogo especialista en réptiles, Diego Ballesteros, e os tamén edís Sara Cebreiro e Isidoro Táboas, a mostra de animais exóticos Expoanimalia que terá as súas portas abertas ó público do luns 3 de xuño ó domingo 9 de xuño tamén no mesmo centro Multiusos das Pozas, parroquia de Petelos.
Esta iniciativa atópase enmarcada na programación das Festas da Rosa 2013 e terá un horario de visita de mañá de 10.00 horas a 13.30 horas e de tarde de 17.00 horas a 21.00 horas. O prezo das entradas será dun euro para nenos con idades comprendidas entre 3 e 14 anos e de dous euros para as persoas de máis de 14 anos de idade. Os menores de 3 anos poderán entrar de balde. Ademais da entrada individual no horario mencionado, existe a posibilidade de concertar previamente visitas guiadas pola exposición para grupos diversos como alumnos de Educación Primaria, Secundaria ou Bacharelato, alumnos de centros de educación especial, membros de asociacións, etc.; para elo deberán chamar por teléfono ó número 986 33 94 04.
A mostra contará con preto de cen animais de máis de 50 especies procedentes dos cinco continentes, con tamaños que abarcan dende os poucos centímetros ata case catro metros de lonxitude. Entre os exemplares presentes na exposición atoparanse geckos, boas, pitóns, crías de caimán, varanos, tarántulas, escorpións, camaleóns, ajolotes, rás, tartarugas, etc.
Para acoller a tan singulares hóspedes o auditorio do Multiusos terá instaladas máis de 50 urnas de cristal en cuxo interior se recrearán os hábitas e ecosistemas naturais ós que pertencen cada un dos animais que se poderán contemplar nesta exposición. Ademais de poder observar a cada exemplar nunha simulación do seu hábitat natural, os visitantes da mostra terán indicado, nunha ficha didáctico-explicativa por cada animal, datos curiosos sobre o mesmo tales coma o seu nome científico, a súa distribución de orixe no mundo, tamaño, tipo de alimentación, etc.
Esta mostra contará en todo momento coa supervisión e a asistencia técnica e informativa de dous expertos, o biólogo Diego Ballesteros, e o herpetólogo José Luis García, donos dos exemplares de anfibios e réptiles expostos, que constitúen ademais unha das coleccións deste tipo máis grandes e singulares do país.