publicidade hoxe

Un ano máis a ximnasia rítmica da bisbarra deuse cita en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralDeportesLocal
A-
A+
Unha das exhibicións

Unha das exhibicións

O sábado 4 de maio o concello de Carral celebrou unha nova edición do Certame de Municipal de Ximnasia Rítmica. Neste xa clásico evento deportivo, participaron as rapazas da Escola Municipal de Abogondo, do club Mª Barbeito, do Brexo Lema, de Oza dous Ríos, de Sigrás e da Escola Municipal de Carral, abranguendo así un amplo abano representativo da bisbarra coruñesa.

En total actuaron 156 ximnastas, que desenvolveron un total de 24 actuacións, tanto colectivas coma individuais, e ao redor de 350 espectadores, entre familiares e público. As idades das deportistas oscilaron entre os 3 anos das máis precoces e os 19 das máis “veteranas”.

A xornada deportiva comezou ás 17.00 h no pavillón municipal de “O Espiño”, e ao longo dos 55 minutos que durou a exhibición, as ximnastas mostráronnos o seu dominio en diferentes disciplinas deste deporte. Unha vez rematada as actuacións, sobre as 18.00 h, o concelleiro de deportes, Diego Otero, fixo entrega a todas as deportistas dun diploma conmemorativo do certame.

Novas actividades

Por outro lado, a concellaría de deportes está a ultimar as numerosas actividades deste mes de maio. Empezando polo 2º Torneo de tenis de mesa, que terá lugar o sábado 11 a partir das 16.30 h. Llegando a final de mes, o día 25, terá lugar a I Carreira Vicente Otero Valcárcel, na que o número de inscritos supera xa os 120. Finalmente, o día 1 de xuño terá lugar a clausura das escolas deportivas, culturais e educativas municipais, acto en que participarán ao redor de 400 alumnos/ás.

Todas estas actividades continúan o programa de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral, mediante o seu departamento de deportes, está a desenvolver durante este ano 2013.

6 de maio de 2013 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.