publicidade hoxe

U.D. Paiosaco, campión do V Torneo Fútbol-7 Benxamín de San Isidro na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaDeportesLocal
A-
A+
Entrega de premios aos gañadores

Entrega de premios aos gañadores

O equipo da U.D. Paiosaco proclamouse campión da quinta edición do torneo de fútbol 7 benxamín que o Concello da Laracha organizou con motivo da celebración do programa do Día das Letras Galegas e San Isidro Labrador.

A final do torneo decidiuse nos penaltis despois de que U.D. Paiosaco e Laracha C.F. “A” empataran a dous goles ao remate do tempo regulamentario tras un disputadísimo encontro.

Na final de consolación o Laracha C.F. “B” impúxose ao Club do Mar de Caión.

A concelleira de deportes, Patricia Bello, e o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, entregaron os trofeos ao remate do torneo, disputado no Campo de Fútbol Municipal da Laracha durante a mañá do pasado sábado.

V TORNEO DE SAN ISIDRO FÚTBOL 7 BENXAMÍN – CONCELLO DA LARACHA

Semifinais:

U.D. Paiosaco 5 – 2 Laracha C.F. “B”

Laracha C.F. “A” 12 – 3 Club do Mar de Caión

3º e 4º Posto:

Laracha C.F. “B” 4 – 2 Club do Mar de Caión

Final:

U.D. Paiosaco 2 – 2 Laracha C.F. “A”  (6-5 penaltis)

20 de maio de 2013 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.