publicidade hoxe

Tui ofrecerá mañá martes unha sesión de contacontos na Biblioteca Municipal con Soledad Felloza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTui
A-
A+

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acolle mañá martes, 7 de maio, unha sesión de contacontos par aos nenos e nenas ata oito anos dei dade a cargo de Soledad Felloza. Esta actividade dará comezo ás 18,30 horas e forma parte da programación do “Mes dos Libros” que promove este centro bibliotecario.

“Sole Felloza conta todo o que le” é o título desta sesión de contacontos, onde “todo o que recolle polo mundo diante, alí onde vai ela a contar de recordo só trae libros para a súa biblioteca que xa e mais grande que a casa enteira”.

Con este novo espectáculo continua avanzando a programación do “Mes dos Libros” que ao longo do mes de abril e maio organiza a Biblioteca Municipal tudense dentro dos seus obxectivos de promoción e dinamización lectora.

As actividades proseguiran a videira semana con novas ofertas para todas as idades:

Mércores 15 de maio:

Recital “O Xardin desordenado” música aos poetas galegos

Sala Felix Rodríguez González – 20,30 horas

Venres 17 de maio:  Dia das Letras Galegas XVI Feira do Libro

Participan: Libreria Iris e Valverde de Tui

Biblioteca Municipal, Liberia Moderna e Santa Teresinha de Valença

Xoves 23 de maio

“O aviador” espectáculo de aventuras con Elefante Elegante

18,30 horas

6 de maio de 2013 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.