Tres novas sesións da Hora do conto para a próxima semana
O Concello de Oleiros, a través da Rede municipal de bibliotecas, organiza para a próxima semana un total de cinco sesións do programa A hora do conto.
As sesións levaranse a cabo nas bibliotecas municipais de Dorneda, Oleiros e Nós. Os obxectivos que se intentan conseguir son que as nenas e nenos participantes se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos. Todos os actos terán lugar ás 18.30 h.
O luns, 27 de maio, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Mª José Ruso de Dorneda, contaremos coa presenza de Caxoto que narrará A primavera que nunca daba chegado.
O martes, 28 de maio, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros, estará o contador Fran Ínsua que narrará O día que esquecín pechar a billa, Antonino de soño en soño, Josefina ao asexo.
E este curso finalizará esta actividade o venres, 31 de maio, ás 18:30 horas, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós co actor Ramiro Neira que contará Secundino, Era un conto”, Todo é posible.











