publicidade hoxe

Tráfico lento puntual por mor de obras nas rúas Gran Vía, Vila de Ordes, Avenida de Bergantiños e Vila de Negreira do xoves 9 ao luns 13 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal
A-
A+

A Concellaría de Obras e Servizos que dirixe Luís Lamas informa de que con motivo dos traballos de “Conservación do pavimento das rúas do casco urbano de Carballo” incluídos no Plan DTC 94 da Deputación da Coruña que principian o xoves 9 de maio, entre ese día e o domingo 12 haberá tráfico lento en varías vías do centro carballés. Así, está previsto que os traballos comecen o xoves nas rúas Gran Vía (no treito entre a rúa Vila de Ordes e a glorieta coa Vázquez de Parga) e na Vila de Ordes. O venres 10 está previsto que os traballos se completen na Vila de Ordes e se trasladen á Avenida de Bergantiños, mentres que o domingo a partir das 18.00 horas, aproximadamente, as obras comezan na glorieta da Milagrosa, na glorieta da rúa Sol e na Vila de Negreira. O luns 13 continuarase na Vila de Negreira. En todos os casos os traballos supoñen o peche dun dos dous carrís da circulación destas vías, o que pode provocar tráfico lento. Nos próximos días irase falicitando máis información aos veciños e veciñas sobre o programa dos traballos para que o teñan en conta e busquen rutes alternativas. O Concello lembra que as áreas estarán debidamente sinalizadas e pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas aos usuarios e usuarias.

10 de maio de 2013 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.