publicidade hoxe

Touro vive o seu tradicional Día do Neno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaTouro
A-
A+
Futbolín humano na xornada lúdica

Futbolín humano na xornada lúdica

Centos de nenos e nenas de Touro e doutros puntos da bisbarra participaron hoxe domingo do tradicional Día do Neno, unha festa dedicada aos máis pequenos. O Concello de Touro programou numerosas actividades ao longo da xornada.

Dende as doce da mañá un tren turístico percorreu as parroquias de Touro, poñendo a primeira nota de cor da xornada. Xa pola tarde, a partir das catro, comezaron os xogos e actividades lúdicas na zona de aparcadoiro do centro de ocio La Isla.

Entre as propostas do Concello para os nenos e nenas de Touro, houbo inchables, talleres de globoflexia e maquillaxe, un búfalo mecánico, música e unha xincana de xogos tradicionais, como birlos, petanca, pesca de botella, tiro con corda, carreiras de sacos e pratos chineses.

26 de maio de 2013 | 20:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.