Touro programa o seu Día das Letras Galegas con obradoiros infantís e concertos
O Concello de Touro xa ten lista a súa programación para celebrar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Vidal Bolaño. Os máis pequenos participarán o 16 de maio nun obradoiro sobre a vida e obra do escritor e autor teatral galego. Con esta actividade tratarán de renderlle homenaxe. Comezará ás 16.15 horas e será na Aula de Usos Múltiples de Touro. Está aberta a nenos e nenas de seis a dez anos de idade.
O día 18 de maio, sábado, ás 20.00 horas está programado o Concerto das Letras Galegas a cargo da Banda de Música Isabel II de Touro. Todos os veciños e veciñas da localidade e amantes da música poderán acudir ao concerto, que será no espazo multiocio La Isla. A formación musical de Touro estreará novo repertorio.