Tonucci, interesado polo modelo de cidade de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPontevedra
A-
A+
Francesco Tonucci na súa visita

Francesco Tonucci na súa visita

O alcalde de Pontevedra e o intendente princincipal da Policía Local recibiron onte pola tarde ao recoñecido pedagogo italiano Francesco Tonucci aproveitando a súa visita a cidade para participar nunhas xornadas organizadas polo Centro de Formación do Profesorado de Pontevedra.

Nunha cordial conversa, o alcalde explicoulle o modelo de cidade de Pontevedra que bebeu, entre outras fontes, na publicación do pedagogo A cidade dos nenos.

Tonucci amosouse especialmente interesado polo modelo de cidade preguntando polos datos de siniestralidade, polo centro urbano peonalizado, polas de plataformas únicas, pola prioridade de mobilidade peonil e as medidas de seguranza dos peóns (pasos elevados, por exemplo), pola creación efectiva dos camiños escolares que está previsto estender a toda a cidade, o uso da bicicleta…

O pedagogo solicitoulle ao alcalde que lle remitiran toda a documentación da que dispoña o Concello sobre o modelo de ciudade, os
datos e as experiencias reais, xa que como confesou “eu defendo estas ideas e creo que son posibles, pero outra cousa é ver que son efectivas e reais, como aquí”.

Explicou que viña de visitar as cidades de Bogotá, Cidade de México e Lima, duns 9 millóns de persoas cada unha, na que ao seu entender, pódense aplicar modelos como os de Pontevedra barrio a barrio, distrito a distrito.

O alcalde e o pedagogo despedíronse emplazándose a futuros encontros.

7 de maio de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.