publicidade hoxe

Tomiño pón en marcha o Circuíto Cultural 2013

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño pon en marcha o “Circuíto Cultural 2013”, co obxectivo de potenciar a difusión cultural a través das actuacións dos grupos folclóricos, musicais etc. do municipio.

Os convenios asinados cos grupos da localidade polas actuacións realizadas ao longo do ano 2013, permite a colaboración tanto cos grupos, coma coas comisións de festas e outros organizadores de celebracións parroquiais tradicionais, romarías, etc. 

Como axuda para a realización destes festexos, o Concello de Tomiño retribuirá aos grupos parte dos gastos das actuacións, correspondéndolle aos organizadores abonarlle ao grupo, a diferenza do prezo establecido á hora da contratación da actuación.   

A responsable da área municipal de Cultura, Cristina Martínez, explica que con esta acción, téntase “pór en valor os grupos musicais do concello e, ao mesmo tempo, colaborar coas comisións de festas na organización de eventos”.

As comisións de festas e outras entidades organizadoras deberanse poñer en contacto coas agrupacións que aceptaron participar no Circuíto Cultural, para contratalas e concretar a data e outras cuestións relativas á actuación, sendo exclusivamente un acordo entre as dúas partes.

Os grupos deben dispor dun escenario ou marco adecuado, para que poidan efectuar a súa actuación sen impedimento. As actividades deberán realizarse sempre dentro do municipio de Tomiño.

Unha vez contratada a actuación, os organizadores darán coñecemento ao Concello de Tomiño, mediante unha solicitude con antelación de más de 30 días á celebración das festas. A autorización á petición solicitada, será comunicada pola Concellería de Cultura do Concello de Tomiño.

O pago da achega realizarase polo Concello previa presentación da factura correspondente por parte da agrupación cultural de que se trate, e unha vez acreditada a realización da actuación no modelo oficial de xustificación de actuación debidamente cumprimentado.

Ningunha comisión de festas nin outros organizadores dos festexos poderá presentar máis dunha solicitude por evento, aínda que en casos excepcionais o Concello poderá autorizar máis dunha actuación. 

No seguinte listado figuran os tipos de grupos de Tomiño que aceptaron participar no Circuíto Cultural, así como a retribución económica do Concello por cada actuación:

Banda de Música: 400,00 €

Corais: 200,00 €

Bandas de gaitas (con máis de 30 compoñentes): 250,00 €

Grupos de Gaitas: 200,00 €

Treboadas: 200,00 €

Pandereteiras: 150,00 €

Murgas: 150,00 €

 O Concello de Tomiño facilitaralle as comisións de festas e aos organizadores dos festexos que soliciten información, os contactos dos grupos e das asociacións que aceptaron participar no Circuíto Cultural. Estas son:

ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE GOIÁN (BANDA DE GOIÁN)

ASOCIACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE TOMIÑO

ASOCIACIÓN CULTURAL ESCOLA DE DANZAS E GAITAS VIRXE DO ALIVIO

Treboadas:

ASOCIACIÓN TREBOADA BAIXO MIÑO

ASOCIACIÓN CULTURAL OS DA FONTE DO FRADE

ASOCIACIÓN CULTURAL TREBOEIROS DA MUIMENTA

ASOCIACIÓN VECIÑAL DE PINZÁS

Pandereteiras:

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE AMORÍN – ANTRORIOS DE AMORÍN

ASOCIACIÓN CULTURAL MULLERES DO MARAGHOZO

ASOCIACIÓN CULTURAL CACHARELA DE TABORDA

Murgas / Charangas:

ASOCIACIÓN BRISAS DE TOMIÑO

ASOCIACIÓN CULTURAL COMPARSA LUCES DE TOMIÑO

20 de maio de 2013 | 11:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.