publicidade hoxe

Tomiño organiza andainas guiadas todos os martes pola mañá para crear hábitos deportivos saudables

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaTomiño
A-
A+

A Concellaría de Mocidade, que dirixe Cristina Martínez, organiza a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil), unha serie de andainas guiadas, que se realizarán a partir do vindeiro martes 4 de xuño, todos os martes, de 09.00 a 10.00 da mañá, coa asistencia  e acompañamento dun técnico deportivo.

A finalidade desta nova actividade, segundo explicou a concelleira delegada, é a de “crear hábitos de práctica regular do deporte e promover a saúde e a calidade de vida dos veciños e veciñas da vila, tendo en conta que o estrés, a hipertensión, a obesidade e outras doenzas que afectan a gran parte da sociedade actual, teñen a súa orixe na inactividade e na vida sedentaria”.

O proxecto vai dirixido a público en xeral, especialmente a mozos e mozas a partir de 18 anos en adiante (os menores de 18 anos terán que contar cunha autorización dos seus pais ou titores), e contará coa orientación do técnico deportivo Miguel Dantas, que programará e planificará a actividade física no que respecta á distancia e intensidade da mesma, asesorando aos participantes sobre as posturas corporais correctas, os alongamentos necesarios, técnicas para previr lesións e equipamento axeitado para as camiñadas.

As persoas interesadas poden apuntarse nos locais da OMIX, sita no Campo da Feira, s/n.

23 de maio de 2013 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.