publicidade hoxe

Tomiño apoia a folga xeral convocada en contra da reforma educativa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

Membros das Anpas de Tomiño (colexios públicos e IES), docentes e alumnado de varios centros educativos, e público en xeral, concentráronse esta mañá diante do Concello de Tomiño, en apoio á folga xeral convocada para hoxe en contra dos recortes e da reforma educativa propugnada polo Goberno Central. O acto contou co apoio do goberno local.

Con este fin, as asociacións de nais e pais de alumnos instalaron un punto de información na Praza do Seixo, para explicar á cidadanía os motivos da decisión adoptada no senso de secundar a folga.

Sobre as dez e media da mañá, comezaron a chegar á Praza do Seixo, veciños e veciñas que, ataviados con algunha prenda verde (camiseta, gorra, etc.), traían un globo no que escribían un desexo a favor da educación pública, e o colgaban logo nunha cordada feita para a ocasión.

Foron numerosas as persoas que tomaron a palabra ao longo da concentración para explicar os recortes e reformas que se queren practicar dende o Goberno, expoñendo asemade os seus argumentos en contra dos mesmos.

9 de maio de 2013 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.