publicidade hoxe

Todo listo para a celebración en Amio dunha nova edición da Festa dos Maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

Como cada ano dende 1998 celébrase na nave central do recinto Feiral de Amio a Festa dos Maiores, que chega á súa XV edición. A idea xurdiu como forma de confraternización dos maiores de Santiago e para que tivesen un espazo propio dentro da programación das Festas da Ascensión. O xantar está previsto para as 14:00 horas e ten un prezo de 7 euros. O menú consiste en empanada, polbo á feira, carne ó caldeiro con patacas, trata de Santiago, café, pan e bebida. Os asistentes poderán, ademais, bailar e disfrutar coa actuación da orquestra Poceiro.

As entradas continúan á venda na billeteira do Teatro Principal e estarán ata o venres en horario de 10:00 a 13:00 horas (incluido o xoves, día da Ascensión) ata completar o aforo de 2.000 persoas. Xa quedan menos de 500 entradas por vender.

Para aquéles que queiran utilizar o servicio de transporte público reforzarase o servizo de autobuses dende a praza de Galicia a partir das 12:30 horas. A volta dende Amio comezará ás 18:00 horas.

Inicio multitudinario das festas

Cheo na Quintana no festival 40 Santiago Pop

Cheo na Quintana no festival 40 Santiago Pop

Na primeira xornada das Festas da Ascensión, o público encheu a praza da Quintana para asistir ao festival 40 Santiago Pop, organizado en colaboración coa cadea musical 40 Principales. Contou coas actuacións de Macaco, Rasel & Jadel, Nena Daconte, Rivero & Capitán Kidd, Lagarto Amarillo, David Pop e Ragdog.

A noite musical completouse na Alameda coa actuación da orquestra Los Satélites.

9 de maio de 2013 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.