publicidade hoxe

Todas as obras do Plan de Conservación de Vías Provinciais da Deputación estarán en marcha antes do 1 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaProvincias
A-
A+

A Deputación da Coruña ten xa iniciado a contratación das actuacións incluídas dentro do Plan de Conservación de vías provincias deste ano, de xeito que todas as obras estarán en marcha antes do día 1 de xullo.

Precisamente o BOP publica hoxe a apertura do prazo para a presentación de ofertas para algunhas das obras incluídas neste plan. Segundo recolle o Boletín, os interesados en asumir estas actuacións deberán presentar a documentación antes de 13 días naturais a partir de mañá, polo que todo indica que estarán contratadas e licitadas antes de que finalice o próximo mes de xuño.

Este plan, aprobado polo pleno no mes de febreiro, está dotado con 8.012.079,76 euros, o que reflexa un aumento importante con respecto ao destinado ao mesmo fin durante o exercicio 2012, cando ascendeu a 6,5 millóns de euros. Este programa inclúe numerosos proxectos para levar a cabo nas estradas de toda a provincia da Coruña e, ademais, reserva tamén 1,5 millóns de euros para actuacións urxentes e emerxencias.

O Plan de Conservación de vías provinciais inclúe actuacións coma o desbroce de maleza, apertura de cunetas, tratamento das estradas, colocación ou reubicación de sinais de seguridade viaria, reparación dos sistemas pluviais, asfaltados en superficie no caso de ser necesario, rebacheos, actuacións de mellora da seguridade viaria.

14 de maio de 2013 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.