Títeres Trompicallo representará “Osiño” na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro
Títeres trompicallo representará “Osiño” na Casa da cultura “Ramón Martínez López” de Boiro o venres 24 de maio ás 20:00 h.
Sinopse
A vida nun anaquiño de fraga transformase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño tén moito frio, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao abó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu a un paporrubio. Polo verán Osiño levarános a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle a súa mamá un pedazo de queixo moi especial. E no outono celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu aniversario
Público
Tratamos de chegar a tódolos públicos, este espectáculo está mais centrado na franxa de idade comprendida entre os 3 e os 6 anos, aínda asi a realidade indica que o público que maioritariamente acude ao teatro, é familiar (salvo en campañas escolares), é dicir, entre os 2 é os 99 anos, por tanto, non debemos esquecelos, por eso traballamos diferentes niveis de lectura que permitan a comprensión do que está pasando en escena as diferentes idades, permitindo asi que sexa un espectáculo para disfrutar en familia.
As representaciónsdestinadas a adultos e nenos de tódalas idades relatan historias aos nenos e en subtonos aos adultos. Estos subtonos normalmente non serán comprendidos pólos nenos debido a sua curta experiencia na vida, e moi importante, pólo tanto, buscar a igualdade en tódolos níveis, determinar a historia básica claramente para os nenos, marcando exactamente os lugares onde o texto permite os subtextos destinados aos adultos