Termalismo Saudable 2013
Está aberto o prazo de solicitude de prazas para o programa de TERMALISMO SAUDABLE 2013 da Deputación Provincial de Ourense.
Programa A: estanza en Balnearios, inclúe: duración 6 días/5noites, pensión completa con bebidas incluídas, 10 técnicas de balneario, animación sociocultural e recoñecemento médico á chegada. Balnearios ofertados:
– Balneario do Carballiño: 200€/persoa
– Balneario-Hotel Baños de Molgas: 170€/persoa
– Balneario Arnoia Caldaria: 190€/persoa
– Balneario Laias Caldaria: 200€/persoa
– Balneario Lobios Caldaria: 200€/persoa
Programa B: tratamento balneario, inclúe: duración 5 días e 10 técnicas de balneario sen estancia no establecemento. Balnearios ofertados:
-Balneario do Carballiño: 85€/persoa
-Balneario-Hotel Baños de Molgas: 85€/persoa
REQUISITOS:
– Ter máis de 50 anos, estar empadroado nalgún concello da provincia de Ourense, poder valerse por sí mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
DOCUMENTACIÓN:
– Fotocopia do DNI. do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Ata o 6 de xuño do 2013.
Interesados pasen polas oficinas do Concello para facer a súa solicitude.