Teatro, música e novas tecnoloxías no programa das Letras Galegas 2013 do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

A concelleira de educación Pilar Caride presentou o programa que se desenvolverá  dende a súa área ou mellor dito xa se está a desenvolver. Dicía isto a concelleira porque xa o pasado sábado tivo lugar a primeira cita coa letras coa representación da obra de teatro As pombas de Carboeiro que contou co acompañamento da banda de música do Carballiño e que foi unha actividade ofrecida pola RDL da que este concello forma parte; reuniu este concerto-teatro arredor de 200 nenos/as no auditorio da vila.

A programación continuará este venres 10 de maiocun obradoiro dirixido a nenos/as de entre 6 e 12 anos e que leva por nome o Roberto de aquí, (en referencia ao autor a quen se lle dedican este ano as letras). Terá lugar na praza maior dese as 16:30 ata as 18:00 h, os nenos participarán nun xogo de pistas polo  centro da vila para coñecer a quen se dedica este ano as letras Galegas.

Como non podía ser menos ao estaren as letras dedicadas a un prestixioso autor teatral, o resto do programa está composto por un festival de teatro na praza maior no que participaran os grupos de teatro afeccionado Tiruleque, Escola municipal de teatro, Confradía da Piteira e Aula de teatro do IES M. Chamoso Lamas. Será o martes 14 de maio ás 19:00h na praza maior.

O mesmo día da Letras Galegas procederase a publicar o bando municipal na WEB do concello conxugando así a celebración desta data tan sinalada para a cultura galega, coa do día internacional de Internet e considerando que nestes tempos a mellor forma de difundir a cultura é a través da rede, decidimos apostar por unir estas duas celebracions.

Por último o  23 de maio, e dentro do mesmo programa das Letras Galegas, terá lugar un concierto dos alumnos y profesores do Conservatorio de Música do  Carballiño, no auditorio da vila, ás 20:00 horas, con entrada gratuita.

9 de maio de 2013 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.