publicidade hoxe

Teatro infantil e familiar este domingo en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalMonforte de Lemos
A-
A+

08052013-3O domingo 12 de maio, ás 18:00 h. no Edificio Multiusos, haberá una nova cita co teatro infantil e familiar dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios no primeiro semestre de 2013 en Monforte de Lemos.

Nesta ocasión Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho, da compañía GHAZAFELHOS, presentan a obra BON APPÉTIT.

Antua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de recitas de Alvaro Cunqueiro, A Cociña Galega, “A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo”.

BON APPÉTIT  é unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso.

Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos…, ingredientes para unha comedia total en clave de clown.

Con esta representación Monforte regresa a Rede Galega de Teatros e Auditorios, na que levaba moitos anos participando e da que só estivo ausente no segundo semestre do ano pasado.

O prezo da entrada será de 4 € para adultos e de 2 € para nenos/as, xubilados/as e desempregados/as.

 

8 de maio de 2013 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.