publicidade hoxe

Talleres de Educación Afectivo-Sexula

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+
Instante da charla de educación sexual

Instante da charla de educación sexual

Dende a Concellería de Igualdade e Benestar Social, estánse a desenvolver dende mediados de maio talleres de Educación Afectivo-Sexual, impartidas por persoal técnico do Concello, entre os alumnos de 1º e 2º da ESO. Nesta pasada semana foi o turno dos alumnos do Instituto de Educación Secundaria Manuel Chamoso Lamas.

As charlas tratan sobre factores que inflúen nas relacións afectivas, como a comunicación, autoestima ou empatía, así coma aspectos relacionados coa sexualidade, axudando a previr condutas de risco na adolescencia.

28 de maio de 2013 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.