Taller de memoria en Langueirón

Participantes no taller de memoria
A Escola Municipal da terceira idade do Concello de Ponteceso comezaba un novo taller de memoria na parroquia de Langueirón. Son catorce as alumnas que participan no mesmo, e que traballarán puntos de interese para o desenvolvemento cognitivo e técnicas de mellora e estimulación da memoria. A escola continúa espallándose polas parroquias despois de haber estado en Brantuas, Xornes, Corme e Ponteceso. O curso está impartido pola mestra, voluntaria do Concello de Ponteceso, Tamara Anido, veciña de Langueirón.