Talía Teatro presenta este venres en Tui “Pequena”

Representación de “Pequena”
Talía Teatro presenta este venres ás 20h no Teatro Municipal de Tui a comedia “Pequena”. A obra está escrita e dirixida por Paula Carballeira, e interpretada por Marta Ríos.
Este é un espectáculo para descubrir o grande que pode chegar a ser alguén pequeno, e o pequenas que poden chegar a ser as cousas grandes. A protagonista é Nadiña que conta as historias da ogresa Barbadac e da pulga Petipuá.
Talía Teatro, compañía teatral creada en 1988, tense consolidado como unha das compañías galegas de maior prestixio e repercusión.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende as 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3€ e 2€.