Suspéndese a obra teatral “De solteira a casada” ata nova data
O Concello de San Sadurniño informa de que se suspende a obra teatral “De solteira a casada” que tiña previsto representarse o sábado día 18 a partir das 19.30h na Casa da Cultura dentro da programación co gallo das Letras Galegas.
A compañía T de Tinglado comunicou que unha das súas actrices sufriu unha lesión que a manterá afastada dos escenarios durante varios días e que, polo tanto, se ve obrigada a cancelar a función que tiña previsto ofrecer este sábado.
O departamento de Cultura programará unha nova data tan pronto como sexa posible.