publicidade hoxe

Subida ao Pico Sacro dentro do programa “Goza do Ulla”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixónLocal
A-
A+
Participantes na andaina

Participantes na andaina

Na soleada mañá do pasado sábado 25 de maio, realizouse no Concello de Boqueixón un roteiro alternativo de subida ó Pico Sacro encadrado dentro do Programa de sendeirismo “Goza do Ulla”.  

Sobre as 10:30h. da mañá sairon unhas 35 persoas participantes dispostas a percorrer en 3 horas os 9 km de subida e baixada do mítico pico galego.

O roteiro de subida a este monte sagrado permitíulles desfrutar das paisaxes de maior beleza natural que conforman este monte sagrado e dunhas espectaculares paronámicas, ademáis doutros puntos de interese cultural que foron  atopando no camino como son os restos da igrexa e do cemiterio de Rubial, cruceiro de Rubial,.. e xa no Pico Sacro, coñeceron a Capela de San Sebastián, Rúa da Raíña Lupa, a súa lenda e as covas dos mouros.

O Programa “Goza do Ulla” prosigue o seu calendario de roteiros por todos os concellos bañandos polo Ulla ata o 26 de outubro, esperando que todos os sendeiristas se animen a percorrer as paraxes naturais mais fermosas .

27 de maio de 2013 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.