“Sole Felloza conta todo o que le” nas Tardes de contos e lendas da biblioteca municipal de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Asistentes á sesión de contacontos

Asistentes á sesión de contacontos

Nenos e nenas de Ordes desfrutaron hoxe dunha nova edición das Tardes de contos e lendas organizadas pola biblioteca municipal de Ordes. Nesta ocasión o relato que se ofreceu foi ‘Sele Felloza conta todo o que le’, onde a memeria a poética e a interactuación en grupo foron algunhas das características máis destacadas.

A través desta actividade, especialmente orientada a nenos e nenas entre 5 e 12 anos de idade e na que tamén poden participar pais, nais e coidadores, o Concello de Ordes pretende inculcar o hábito á lectura entre os máis novos. Á par se lles ofrece aos máis novos unha primeira toma de contacto coa biblioteca e a súa ludoteca, amosándolles os fondos e as actividades das que poden dispoñer e disfrutar ó longo de todo o ano.

31 de maio de 2013 | 12:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.