publicidade hoxe

Sober organiza para o xoves día 30 de maio unha nova xornada para a recollida de plásticos agrícolas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSober
A-
A+

O Concello de Sober organiza para xoves día 30 de maio unha nova xornada para a recollida de plásticos agrícolas. O servizo será totalmente gratuíto para os agricultores e contribuirá ao coidado do medio ambiente ao permitir eliminar de xeito eficiente o gran volume de plásticos que se acumula nas distintas explotacións do Concello.

O Goberno local recoméndalle aos agricultores que leven os plásticos debidamente atados aos lugares de recollida para que sexan facilmente manexables.

Os puntos de recollida e horarios estimados son os seguintes:

09:00 horas: Casa Escola de Neiras.

09:30 horas: Gundivós o Vello

10:00 horas: Praza de Mer (Proendos).

10:30 horas: Suirexa (Figueiroá).

11:00 horas: Rotonda das Gándaras (Pinol).

11:15 horas: Praza de Doade.

O Concello de Sober agradece de antemán a colaboración de todos os veciños e veciñas.

27 de maio de 2013 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.