Sober iniciará este venres a campaña de vacinación canina
O Concello de Sober levará a cabo a partir deste venres, 24 de maio, e ata o xoves 6 de xuño, a campaña anual de vacinación da rabia, identificación e desparasitación canina no termo municipal. A campaña é voluntaria, aínda que o Goberno local recórdalle aos propietarios de cans que segundo o decreto 90/2002 publicado no DOG nº63 o 2/4/2002 é obrigatorio ter os animais identificados con microchip, sen excepción de ningún tipo.
Así mesmo, dende o ano 2008 e mediante o decreto 94/2008 publicado no DOG nº92 do 14/5/2008 establécese a obrigatoriedade do pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans en Galicia. O pasaporte está vinculado exclusivamente aos cans identificados legalmente con microchip.
A prohibición da concentración de cans obriga a que a vacinación se faga casa por casa. Todos os interesados deberán chamar ao número do veterinario (689 10 35 94) o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A campaña desenvolverase só polas mañás.
Calendario:
Venres 24 de maio: Canabal e Vilaescura.
Luns 27 de maio: Rosende e Millán.
Martes 28 de maio: Refoxo, Sober, Proendos e Liñarán.
Mércores 29 de maio: Anllo Santo Estevo e San Martiño de Anllo.
Xoves 30 de maio: Figueiroá e Bolmente.
Venres 31 de maio: Barantes e Santiorxo.
Luns 3 de xuño: Pinol e Lobios.
Martes 4 de xuño: Amandi e Doade.
Mércores 5 de xuño: Bulso e Santa Cruz de Brosmos.
Xoves 6 de Xuño: Neiras e Gundivós.
Os prezos son os seguintes:
1. Vacina da rabia máis tratamento antiparasitario antihidatídico: 15 euros
2. Implantación microchip máis emisión pasaporte obrigatorio (cartilla): 33 euros
3. Outras vacinas ou trámites: consultar ao veterinario
Aqueles propietarios que estean a vacinar aos seus cans co veterinario do percorrido non precisan chamar para anotarse, posto que os seus animais xa son visitados regularmente noutras épocas do ano.