Severino Rodríguez reunirase cos veciños e veciñas de Gullade
O vindeiro luns día 20 de maio comezarán as obras para dotar á parroquia de Gullade de subministro de auga da rede municipal, motivo polo que o alcalde de Monforte e o concelleiro de obras manterán unha reunión coa veciñanza para explicarlles o proxecto e os prazos de execución do mesmo.
Severino Rodríguez e Xosé Manuel Pavón achegaranse ata o local social de Gullade ás 20:00 h. do próximo luns para informar á veciñanza sobre os pormenores desta actuación.
A conexión da rede de subministro de auga desta parroquia monfortina coa rede xeral do Concello será realizada pola empresa Gilberto Vidal Fernández e conta cun orzamento de 59.000 euros.











