Sesión informativa sobre o cooperativismo no Concello de Curtis
O Concello de Curtis organiza o xoves 23 de maio as 19:00 horas no salón de actos do recinto ferial unha sesión informativa sobre cooperativismo. Representantes de Cusoviame e Cova de Vales presentarán as súas experiencias como exemplos reais de éxito cooperativo.
Esta xornada coincide coa exposición “Descubre as cooperativas”, aberta ao público no mesmo recinto de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas e o venres en horario de mañá. Trátase dunha exposición guiada que mediante pantallas interactivas adéntranos nos fundamentos do cooperativismo e nas súas vantaxes como modelo capaz de manter e crear emprego.











