publicidade hoxe

Servizos sociais abre un prazo de 10 días para alegar a lista provisional de admitidos na escola infantil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as listas provisionais de alumnos admitidos na Escola Infantil Municipal para o curso 2013/14, así como as listaxes de agarda. As familias dispoñen dun prazo de 10 días hábiles, a contar a partir de hoxe, para presentar as alegacións que consideren oportunas. O prazo remata o 13 de maio.

Na modalidade de alumnos que ingresan por vez primeira no centro da Lomba, foron admitidos 16 nenos e nenas no grupo de bebés (de 0 a 1 ano), é dicir cubríronse a totalidade das prazas. Ademais, hai 9 solicitudes para nenos e nenas que aínda non naceron pero que o farán nos vindeiros meses.

No grupo de idade de 1 a 2 anos a gardería municipal dispoñía de 52 prazas (unha delas reservada para scasos de emerxencia). Neste grupo cubríronse todas as prazas, obtendo praza de tarde 3 nenos. A lista de agarda componse de 29 nenos.

Tamén se cubriron as 118 prazas ofertadas para nenos de 2 a 3 anos (2 das prazas reserváronse para casos de emerxencia). Neste grupo obtiveron praza só de tarde 1 alumno e permanecen en lista de espera outros 19.

Ademais destes casos, o departamento de servizos Sociais tramitou 2 renuncias e están pendentes de completar a documentación noutros dous casos. Por outro lado dende servizos Sociais informan de que os nenos e nenas que están nas listas de agarda teñen a opción de solicitar o cheque infantil.

As reclamacións deben presentarse no rexistro do Concello. Unha vez resoltas, o departamento Servizos Sociais publicará as listas definitivas e abrirase un prazo para que as familias dos nenos admitidos realicen o trámite de matriculación.

3 de maio de 2013 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.