publicidade hoxe

Sergio García Castiñeiras, César Pazos Sampedro e Elduayen impartirán en Neda a charla “O adestramento do porteiro”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalNeda
A-
A+

A Asociación Galega de Porteiros e Adestradores de Porteiros, en colaboración co Concello de Neda, organizará este mes a charla “O adestramento do porteiro: Da realidade competitiva á práctica cotidiana”. Celebrarase o día 25, dende as 10,30 horas, na Casa da Cultura da real vila. A continuación, a actividade trasladarase ao campo municipal de fútbol, onde se realizará unha sesión práctica. Sergio García Castiñeira, César Pazos Sampedro e Agustín Elduayen serán os relatores da charla, cuxo prezo de inscrición se fixou en dez euros, a aboar no momento de inicio desta.

Sergio García Castiñeira está licenciado en Educación Física e é especialista en adestrador de porteiros RFEF; entre os anos 2008 e 2010 exerceu como adestrador de porteiros da SD Compostela. Pola súa banda, César Pazos Sampedro, tamén licenciado en Educación Física e Técnico Superior en Fútbol, pertence á Asociación Galega de Adestradores de Porteiros, exerce como tal no Villalonga CF e xogou de gardameta en equipos como o Pontevedra ou o mesmo Villalonga. Por último, Agustín Elduayen é adestrador nacional de fútbol e especialista en adestramento de porteiros RFEF; xogou como porteiro en equipos do máis alto nivel como Real Sociedade, Burgos, Athlético de Madrid, Deportivo ou Valladolid.

14 de maio de 2013 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.